Nas quedas augas da ría
canta unha estrela.
Na miña aldea
xa ven o día.
A noite fica espallada,
po-los piñeiros,
coma un remedo
de sombra fría;
(po-los vieiros da miña aldea)
trema a estadea
xa ven o día.
Nunha lareira daquelas tantas,
caldo na pota
bota María.
(A terra chama po-lo labrego)
Na miña aldea
Xa ven o día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario